EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os importadores alemáns destacan a “coidada presentación” dos viños de Valdeorras

A misión comercial xermana coñeceu tamén o pulpo ourensán e os embutidos
Os importadores sinalaron o auxe do pulpo no seu país a pesar do seu elevado prezo.

A misión comercial Alemá, que está en Ourense coñecendo o sector agroalimentario e vitivinícola da provincia para introducilos no mercado xermano, tiveron a oportunidade hoxe, 22 de xuño, de coñecer o pulpo galego, no que mostraron un grande interese. Ambos importadores sinalaron que o pulpo “está a experimentar un gran auxe de entre os consumidores alemáns, a pesar do seu elevado prezo”. Asimesmo , entraron en contacto con empresas de produtos cárnicos, que tamén contan cunha grande acollida no mercado alemán, e sentíronse sorprendidos cos embutidos tradicionais da provincia, particularmente coa androlla.

Pola tarde, mantiveron xuntanzas con diversas adegas de Valdeorras, onde tiveron a oportunidade de catar os godellos desta Denominación de Orixe. Os importadores puxeron de relevo que os consumidores alemáns prefiren viños suaves, de baixa graduación (por debaixo dos 13 graos, aproximadamente) que se asemellan aso seus riesling locais. Por outra banda, en canto á súa imaxe e marca, destacaron a importancia de contar con etiquetas “de presentación coidada e corte clásico para triunfar entre os consumidores xermanos”, e de utilizar un nome de marca que resulte “pronunciable” no idioma do país.

Esta misión entra dentro do programa Ourense Exporta, promovido pola Confederación de Empresarios de Ourense (CEO).

Artigos relacionados

Back to top button