O baloncesto valdeorrés está de noraboa, co equipo júnior masculino do MV Barco como campión da 2ª división da Liga Provincial de Ourense.
Aínda que os valdeorreses perdían en Xinzo 57-44 no último partido do play off, valíalle a vantaxe de 23 puntos de diferenza de Calabagueiros no partido de ida hai unha semana, polo que xogarán a fase de ascenso a División Autonómica cos campións das outras delegacións galegas.
De momenteo aínda non se sabe en que grupo quedarán encadrados pero na familia do MV Barco celebran por todo o alto este merecido título.
Fotos: Loispradaf.