DeportesKárateÚltima hora

Os karatekas valdeorreses logran 17 medallas na 4ª Xornada da Liga Galega de Karate

O Club River Stone do Barco subía 11 veces ao podio mentres que o Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK facíao en 6 ocasións

 

Unha vez máis Valdeorras e os seus karatekas deron a talla nunha competición autonómica logrando un total de 17 medallas, 11 o River Stone do Barco (3 ouros, 2 pratas e 6 bronces) e 6 (bronces) o SHARK da Rúa, na 4ª Xornada da Liga Galega celebrada esta fin de semana en Lugo.

Relación de medallistas dos clubs de karate de Valdeorras:

 

Dende os clubs valdeorreses destacan tamén, os quintos postos alcanzados polos karatecas do River Stone, Daniela Rodríguez en alevín feminino avanzado, Diego López Puey en alevín masculino avanzado, Pablo Prada en infantil masculino avanzado e Héctor Amaro en xuvenil masculino avanzado. Miguel Crespo e Nerea Pérez Panizo, alcanzaban sétimos postos en alevín masculino avanzado e xuvenil feminino iniciación, respectivamente.

 

O alevín do River Stone Raúl Pérez Panizo lograba unha prata.

 

Por parte do club da Rúa, Evan Arias quedaba ás portas do pódium cun quinto posto en categoría benjamín masculino iniciación, e outros seis sétimos postos foron para Sergio Estévez, en benjamín masculino iniciación, Silvia Padrisa en benjamín feminino iniciación, Jorge Martín Lope e Iván Rodríguez en infantil masculino iniciación, Rosi Castaño en infantil feminino iniciación e Xara González en xuvenil feminino iniciación.

Desde ambos os clubs só teñen “palabras de orgullo e agradecemento cara aos nosos karatekas”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button