DeportesKárateÚltima hora

Os karatekas valdeorreses suman trece medallas na I xornada da Liga Galega de Karate celebrada en Ferrol

 

Tiñan moitas posibiliades de medalla e non defraudaban. Ata trece veces subián ao podio os karatecas valdeorreses na I xornada da Lliga Galega de Karate celebrada o sábado 12 de novembro en Ferrol, A Coruña. O veterano KC River Stone do Barco facíase con doce metais, catro ouros, tres pratas e cinco bronces, mentres que o recentemente estreado SHARK da Rúa conseguía unha vitoria dourada na súa posta de longo na competición autonómica.

 

 

Destacada foron tamén as actuacións de Eiden Barreda Fernández en categoría Alevín Masculino Iniciación, Diego López Puey, en categoría Alevín Masculino Avanzado, Fuensanta Blanco Blanco, en categoría Xuvenil Feminino Iniciación, Aina Moral Castro en categoría Xuvenil Feminino Avanzado e Brian Rodríguez Carballo en categoría Xuvenil Masculino Avanzado, que non lograban podio por moi pouco, alcanzando un máis que meritorio cuarto posto.

 

Brian Rodríguez (River Stone) durante a competición.

 

Adestradores de ambos os clubs valdeorreses móstranse moi satisfeitos cos resultados. Pola súa banda, o River Stone do Barco lograba superar o mal sabor de boca que lle deixaba a anterior competición de Liga Nacional disputada en Ávila, tras a indisposición da maior parte das súas karatecas a pasada fin de semana. Este sábado os seus deportistas volvían brillar con luz propia en Ferrol.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button