DeportesKárateÚltima hora

Os karatekas valdeorreses volven brillan na Liga Galega de Karate

O Club River Stone O Barco lograba 11 medallas e o Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK lograba 2 na segunda xornada disputada en Santiago

 

Os deportistas dos clubs valdeorreses seguen brillando. Desta volta coa súa participación na segunda xornada da Liga Galega de Karate infantil celebrada en Santiago de Compostela, onde conseguían 13 medallas, 11 o Club River Stone O Barco e 2 o Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK.

O KC River Stone alzábase con 3 ouros, 3 pratas e 5 bronces:
– Kata Benxamín Masc. Av: 2º Álvaro Blanco Blanco.
– Kata Alevín Masc. Av: 1º Manuel Blanco Blanco; 2º Miguel Crespo Bao; 3º Eric Rodríguez Carballo.
– Kata Alevín Fem. Av. 3º Laia Yañez González; 7º Leyre Paradelo Ambrinos.
– Kata Infantil Masc. Av. 3º Diego López Puey; 5º Raúl Pérez Panizo; 5º Leo Núñez Macía.
– Kata Xuvenil Masc. Av. 1º Nazan Barreda Fernández; 3º José Carrera Fernández; 5º Diego Prada Rodríguez.
– Kata Xuvenil Fem. Av. 2º Aina Moral Castro; 3º Clore Yáñez González.
– Kata Cadete Masc. Av. 1º Brian Rodríguez Carballo.

O club Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK, lograba 1 ouro e un bronce Mateo Núñez. En categoría Xuvenil Masculino Iniciación, subía todo o máis alto do podio. Pola súa banda, Uxía André, en categoría Alevín Feminino Iniciación, subía ao terceiro chanzo. “Varios dos nosos karatecas quedaban ás portas do podio con dous quintos postos para Telmo Casas en categoría Alevín Masculino Avanzado e Lucas García en Xuvenil Masculino Avanzado. Fernando Rodríguez conseguía un sétimo posto”, adiantan dende o club destacando que “á marxe de resultados oficiais, estamos moi orgullosos do traballo dos nosos deportistas durante estes meses”.

Fotos: cedidas, KC River Stone e Alejandro Lorenzo.

Artigos relacionados

Back to top button