DeportesÚltima hora

Os lagares de Larouco ou as covas de Seadur entre os puntos que conforman o trazado da III BTT Ruta do Viño de Valdeorras

A marcha de 45 quilómetros celebrarase o 22 de outubro e conta xa con máis de 80 inscritos

 

A III BTT Ruta do Viño de Valdeorras propón, paara o próximo 22 de outubro, un percorrido de 45 quilómetros para todos os seus participantes, que atravesará algúns dos puntos máis emblemáticos e atractivos, desde o punto de vista turístico, da xeografía da comarca. Este trazado foi deseñado pola empresa especializada Xanzá e é apto para ser transitado sobre dúas rodas por todos os interesados maiores de 14 anos.

Ata a data, máis de 80 persoas inscribíronse xa para participar nesta iniciativa amateur, que por terceiro ano consecutivo propón a Ruta do Viño de Valdeorras co obxectivo de divulgar o potencial enoturístico do territorio. O prazo de inscrición continuará aberto durante as seguintes semanas na web III Ruta do Viño de Valdeorras.

“Trátase dunha iniciativa singular, na que os participantes maiores de idade poden gozar da práctica do seu deporte favorito e, posteriormente, degustar os magníficos godellos da zona, os únicos elaborados con monovarietales 100%”, destaca Joaquín Sánchez, presidente do Ruta do Viño de Valdeorras.

O trazado proposto percorre paraxes e localidades tan diversas como A Rúa (punto desde o que sairán os corredores e ao que regresarán, unha vez concluída a marcha), Petín, Freixido, Seadur, Larouco, A Portela ou Seixo. “Os participantes poderán experimentar unha vibrante experiencia sobre dúas rodas á vez que atravesan os espectaculares viñedos e lagares de Larouco, pasan por diante das características covas de Seadur, percorren a ponte da Cigarrosa ou descenden por unha bela paraxe de cinco quilómetros dentro do municipio de Petín, entre outros magníficos lugares”, indica Joaquín Sánchez.

Para incentivar a participación nesta iniciativa, a organización obsequiará a cada un dos participantes cunha botella de godello e cunha camiseta deportiva, apta para a práctica do ciclismo. Os interesados en participar na marcha, que conta co respaldo de diferentes entidades como o Concello da Rúa, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras ou a empresa de servizos turísticos Xanzá.

Artigos relacionados

Back to top button