CulturaCulturaEntroido 2021Última hora

Os Lardeiros e Lardeiras toman Viana do Bolo no Xoves de Comadres

Medio cento destas singulares parellas carnavalescas participaban no concurso promovido polo Fulión Alternativo

 

Unha semana despois de que os Lardeiros aparecen en multitude de balcóns, fachadas, portas ou escaleiras de diferentes puntos de Viana do Bolo e tamén dalgunhas aldeas de municipio, neste Xoves de Comadres son as Lardeiras as que fan a súa aparición. Deste xeito a tradición séntese na rúa, aínda que os veciños non poidan celebrala como ata agora.

Medio cento destas singulares parellas participan no concurso de Lardeiros convocado polo Fulión Alternativo para celebrar, dun xeito diferente e seguro, este Entroido 2021 marcado pola pandemia do Covid. O Lardeiro e Lardeira ganadores serán escollidos por un xurado independente, do que non forma parte ningún dos membros do fulión. O seu fallo darase a coñecer durante a vindeira fin de semana.

 

 

O ganador recibirá un diploma acreditativo e tamén dun paquetiño de agasallos do Fulión Alternativo. Dende esta agrupación agradécese a boa resposta dos vianeses, tanto da vila como das aldeas, a esta iniciativa e a outras propostas lanzadas neste atípico Entroido como a de ir a traballar disfrazados. Neste Xoves de Comadres eran tamén numerosas as mulleres que se sumaban á iniciativa.

 

Fotos cedidas polo Fulión Alternativo de Viana do Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button