A RúaConcellosÚltima hora

Os maiores do Centro de Día da Rúa participan no Concurso de Decoración de Nadal do Concello

 

Os maiores do Centro de Día de A Rúa, que pertence á rede de centros de atención aos maiores da Xunta de Galicia, elaboraron durante todo o mes de decembro decoración de Nadal para participar no concurso do Concello “Nadal nas Rúas”.

 

 

Realizaron diversos elementos de Nadal manualmente: árbore, cheminea de Nadal, postais, estrelas, coroas… utilizando materiais reciclados, pinceis, pinturas, costura…Así, ademais de participar no concurso, e embelecer o centro por estas datas, traballaron a psicomotricidade, a memoria, a orientación temporal e as habilidades sociais. Participaron tamén en concursos de panxoliñas, de postais de Nadal e de árbores de Nadal convocados por outros centros de día da comunidade.

 

 

Ademais destas actividades, o Centro de Día de A Rúa, que conta con 30 prazas para maiores, leva a cabo diversas terapias a nivel social, cognitivo e físico-funcional coas persoas que acoden diariamente, e tamén promove obradoiros e proxectos coa comunidade, co obxectivo de promover hábitos de vida saudables, prevención da dependencia e promoción dun papel activo das persoas maiores na sociedade.

 

Artigos relacionados

Back to top button