En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Os máis pequenos aprenden a cociñar co Barco Centro Comercial Aberto

Na segunda edición de Minichef Obarcoaberto, celebrada esta tarde na praza Maior barquense, participan medio cento de nenos

 

Tras colocarse os seus mandís e situarse nas mesas cos correspondentes ingredientes, os 48 nenos inscritos na segunda edición do Minichef Obarcoaberto, seguían con atención as indicacións de Darlene Dobao e Yolanda Anta, de Pastelería A Casiña, nas dúas receitas cuxa elaboración tiñan por diante: un cake popy e unha mini pizza. Os cativos contaban ademais coa axuda do seu pai, mai ou algún outro familiar.

Esta exitosa actividade, que convidaba aos máis pequenos a converterse en cociñeiros por un día, comezaba pasadas ás seis da tarde deste 1 de setembro na praza Maior do Barco, tras a intervención do presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Jacobo Arias, que agradecía a participación e animaba aos nenos “a divertirse”. Ademais presentaba á nova xerente da entidade, María Fidalgo.

 

 

 

A partir de aí comezaban a repartirse os ingredientes para a primeira receita e dábase paso á súa elaboración. Tratábase dun cake popy, ao que os nenos e nenas dábanlle forma coa súas mans. Despois, comezaba a preparación dunha mini-pizza, que logo tiñan que fornear nas súas casas. En ambas receitas os ingredientes eran todos sen glute e sen lactosa e os participantes levaban con eles as elaboracións realizadas.

 

 

Esta nova edición superaba os datos de participación do pasado ano, no que contaba con 30 participantes.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button