EconomíaEconomíaÚltima hora

Recoñecendo olores e texturas no ‘Escata Room’ do Mini SilFest

 

Moi variada é a oferta do Mini Silfest, espazo destinado aos máis pequenos dentro da programación do SilFest Valdeorras 2024, que comezaba na tarde deste venres 19 de xullo. Así, despois dun interesante percorrido polo backstage e mentres os adultos cataban viños de Valdeorras os nenos descubrían e aprendían a recoñecer aromas e texturas nunha cata infantil “Escata Room” dirixida pola enóloga valdeorresa Cecilia Fernández.

O programa infantil de hoxe tamén incluía a pintura dun mural co logo do SilFest (un pato) e xogos tradicionais.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button