BaloncestoDeportesÚltima hora

Os máis pequenos do MV Barco participarán na 3ª Concentración de Baby Básket en Ourense

Será o domingo 9 de febreiro de 9:30 a 14.30 horas no Pazo dos Deportes Pazo Paz

Encontro de Baby Básket o ano pasado no Barco.

 

O vindeiro domingo 9 de febreiro, de 9:30 a 14:30 horas, celebrarase no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense a 3ª Concentración de Baby Básket coa colaboracion de Club Ourense Baloncesto e BBall Ourense no que participará o Muebles Victoria Barco, encadrado no grupo E xunto aos clubs CB Xuventude Verín Negro, ED Concello de Barbadás e EDO Ba Guillelme Brown.

En total participan 24 equipos, en seis grupos de catro e segundo as normas do torneo, cada equipo terá un mínimo de 6 xogadores e un máximo de 10. Os partidos xogaranse en formato de 4 x 4 nun período de 20 minutos a reloxo corrido. Poderanse facer cambios durante o encontro e non haberá resultados.

 

Artigos relacionados

Back to top button