DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os mellores resultados individuais do Adas no campionato galego absoluto de clubs

 

Dentro da competición galega absoluta de clubs que tiña como escenario o 17 de abril as pistas barquenses de Calabagueiros (O Barco), sobresaían algúns resultados a nivel individual das atletas do Club Adas, que competían na categoría feminina. Así Belén García Arias impoñíase nos 400 valados, Lola Bouza ganaba na pértega e María Fernández reportaba outro triunfo nos 400 m.

Ademais Inés Docampo era terceira nos 800 m, a mesma posición que lograba Aldara Basteiro en altura, Tania Valverde no triplo salto e Adriana Reguera no lanzamento de materlo (4 kg).

O Club Adas conseguía un sexto posto na clasificación xeral feminina por equipos ao sumar 75 puntos.

Outros resultados valdeorreses

Ana Raquel Revuelta antes do inicio da proba de disco./ FGA.

 

Por outra banda, a representación valdeorresa neste evento deportivo completábase coa participación do marchador José Fernández Nieves (que compite co RC Celta), segundo nos 5 km marcha, e da vilamartinesa Eva Arias (SX Pontevedra), que se impoñía na carreira dos 1.500 m. Ademais a barquense Ana Raquel Revuelta, que viste a camiseta do Ourense Atletismo, era cuarta no lanzamento de disco (1 kg) cunha marca de 31.46.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button