CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os membros do club de lectura ‘Furgando nos libros’ do IES Xermán Ancochea de Trives visitan Córgomo

Como actividade de fin de curso facían a Ruta de Florencio Delgado Gurriarán

 

O Día das Letras Galegas xa pasou pero segue a ser o ano do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán e a súa aldea natal, Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), segue a espertar o interese da poboación. De feito, na tarde deste martes 24 de maio recibía a visita do club de lectura para adultos ‘Furgando nos libros’ do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives.

Do club forman parte pais de alumnos actuais, pais de antigos alumnos, persoal non laboral e tamén profesores do instituto e hoxe completaban a Ruta de Florencio Delgado Gurriarán. Un percorrido polos diferentes barrios da aldea vilamartinesa facendo fincapé en puntos como a casa onde naceu Florencio, na Cruz; a casa onde se criou, no Poulo; ou as Gralleiras. Tamén se achegaban ata o barrio de O Surrego onde está o mural que Chere e os veciños do pobo adicaron ao poeta.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button