ConcellosTrivesÚltima hora

Os miradoiros de Pedras de Rome e Pontenovo, 2 xeitos de mergullarse na Ribeira Sacra dende Trives

 

Son dous balcóns naturais de deseño emprazados sobre o barranco e o val do Navea que se abren á paisaxe trivesa e permiten que o visitante se deixe envolver por ela.  O Concello, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, acometeu a construción de dous miradoiros que están a espertar gran expectación entre veciños e visitantes.

Un deles é o Miradoiro Pedras de Rome, emprazado en pleno val do Navea, declarado primeira paisaxe protexida de Galicia. Chégase a el desde a mesma estrada de Trives (OU-536), pouco antes da entrada á vila.Permite aos visitantes respirar o aire máis puro ao mesmo tempo que gozan da grandeza paisaxística da zona. Os materiais deste balcón natural, formado, por plataformas hexagonais, fúndense á perfección co entorno.

O mesmo ocorre co Miradoiro Pontenovo, cun impresionante deseño que permite gozar do entorno case a vista de paxaro. Accédese a el pola estrada da Pobra de Trives a Montefurado, despois duns 4 quilómetros.

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, puxo en valor estes miradoiros que permiten dar a coñecer “a impresionante riqueza natural desta terra e, sen dúbida, as mellores vistas da Ribeira Sacra”.

 

Artigos relacionados

Back to top button