ConcellosÚltima hora

Os monicreques conquistan O Carballiño

A Praza Maior da localidade acollerá a sexta edición do Festival de Títeres desta localidade ourensá
Cartaz da obra "O traxe novo do Rei" da compañía Tarabelos, que abrirá o programa.
Cartaz da obra “O traxe novo do Rei” da compañía Tarabelos, que abrirá o programa.

Ata media ducia de espectáctulos de teatro infantil de rúa poderán verse no marco do 6º Festival de Títeres no Carballiño que se celebrará entre os días 18 e 22 de agosto. As representacións terán lugar na praza Maior, se ben en caso de choiva trasladaranse ao Auditorio Municipal.

A compañía Títeres Tarabelos abrirá o programa o luns 18 de agosto ás 19:30h. coa peza “O traxe novo do Rei (de Andersen)”. Ao día seguinte e á mesma hora, A Xanela do Maxín presentará o seu espectáculo “O murmurio do mar”. Xa o mércores 20 de agosto chegará ao Carballiño a Títiricleta, “pilotada polo Titiricleteiro” que representará “Viaxe de Fisterra a Bangladesh”.

Ademais o 21 de agosto poderá asistirse á función “Nº 8 Rúa dos contos”, da man da compañía Teatro de Marionetas Trécola. E o programa completarase o 22 de agosto coa obra “Xan Perillán e a maleta máxica”, a cargo de Monicreques de Kukas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button