CulturaCulturaÚltima hora

Os nenos barquenses reciben a visita do Apalpador

 

Ata O Barco chegaba na tarde deste xoves o Apalpador, personaxe mítico do Nadal tradicional galego. Este carboeiro, coa súa característica barba, baixaba a vila dende a montaña para visitar aos máis pequenos, que o agardaban no exterior do Teatro Lauro Olmo.

Ademais de saudar aos cativos e de palparlles, como conta a tradición, barriguiña para comprobar se estaban ben alimentados, entregáballes caramelos e castañas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button