En portadaÚltima hora

Os nenos de Manzaneda achéganse ao mundo dos radioafeccionados

Neste venres 23 de agosto organizarase a "III Cacería do zorro" polas rúas da vila

Participantes na cacería do zorro do pasado verán en Manzaneda./ Foto cedida.

 

A través do xogo os máis cativos mergulláranse neste venres 23 de agosto no mundo dos radioafeccionados en Manzaneda. Será mediante unha actividade que se organizará por terceira edición en Manzaneda: a “Cacería do Raposo”. Os cativos deberán atopar ao raposo Maziño, facendo un percorrido polas rúas da vila e utilizando walkie talkies.

O punto de partida será o patio do CEIP de Manzaneda. Esta singular e divertida proposta será organizada polo Concello de Manzaneda en colaboración con Protección Civil  de Manzaneda, Radio Club Fene e polos Radioafeccionados Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button