CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os nenos do campamento de verán do Colexio Divina Pastora visitan o Concello do Barco

 

Na mañá deste mércores 10 de xullo, preto de 50 nenos participantes no Campamento de Verán do Colexio Divina Pastora visitaban o Concello do Barco de Valdeorras, mantendo un encontro co alcalde, Alfredo García, e a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta.

Os cativos puderon coñecer as instalacións municipais ubicadas no Edificio Multiusos, entre elas a sede da Policía Nacional, e, no encontro co alcalde e a concelleira “plantexaron moitas preguntas relativas aos parques infantís, celebrando con aplausos a noticia de que pronto se instalará un novo parque no Malecón, cunha tirolina”, din dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button