ConcellosÚltima hora

Os nenos do concello da Pobra de Trives irán a Pazolandia o venres 27 de decembro

O maior parque de atraccións estacional de Galicia, conta este ano con máis de 100 propostas de ocio repartidas en 8.000 metros cadrados no Pazo dos Deportes Paco Paz, en Ourense

Presentación da 27ª edición de Pazolandia.

 

Pazolandia, o maior parque de atraccións estacional de Galicia, cumpre 27 edicións, sendo o referente do ocio infantil navideño. Esta actividade, organizada pola Deputación de Ourense, contará este ano con máis de 100 propostas de ocio para nenos e mozos, repartidas en 8.000 metros cadrados no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Serán 9 días e un total de 17 sesións, repartidas entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas (exceptuando o 31 de decembro -pechado todo o día- e o 1 de xaneiro –pechado pola mañá). As entradas pódense adquirir nas taquillas do recinto e tamén por Internet na páxina www.pazolandia.es. O prezo da entrada -que inclúe o acceso gratuíto a todas a atraccións- mantense nos 4 euros, sendo de 3 euros para os nenos que veñen a través dos concellos da provincia e de centros de acollida. Todas as novidades do parque poderán seguirse a través de Facebook e Twitter, nas contas oficial de Pazolandia.

Atraccións clásicas de feira, obradoiros, animación, ludotecas, multiespazo de videoxogos coas últimas novidades, obradoiro de realidade virtual, inchables, en total preto de 8.000 metros cadrados nos diferentes espazos do pavillón e nos exteriores da instalación dedicados ao ocio infantil e xuvenil. Na actividade traballan ao redor de 80 persoas, entre persoal das atraccións, limpeza, monitores, técnicos electricistas e de mantemento, montadores, coidadores, taquilleiros, Cruz Vermella, médicos, vixilantes e persoal administrativo, xunto cos bombeiros de San Cibrao das Viñas.

Nas sesións de mañá e tarde, Pazolandia realizará sorteos diarios de Cestas de Nadal, bicicletas, lotes de material deportivo, pequenos electrodomésticos, tabletas, teléfonos móbiles e patíns. Cada neno recibe coa entrada un vale para estes sorteos.

Como cada ano, son moitos os cativos que asisten por mediación dos Concellos. O día 26 asistirán os cativos dos concellos de Arnoia, Cualedro, Paderne de Allariz, Oimbra, Esgos, Monterrei Cea e Cualedro e A Peroxa; o día 27 os de Laza, Maceda, Melón, Cartelle, Bande, A Mezquita, Maside, Castro Caldelas, Sandiás, A Pobra de Trives, Carballeda de Avia, Rairiz de Veiga, A Merca, Nogueira de Ramuin, Taboadela e Pontedeva; día 28: Quintela de Leirado, Entrimo, Toén e Vilar de Barrio; o día 29 os de Cortegada, Leiro, Vilariño de Conso e Punxín; o día 30 os de Xunqueira de Espadanedo, Sarreaus, Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Ambía, Os Blancos, O Irixo, Lobios, Vilar de Santos, Avión e Porqueira. E xa en xaneiro, o día 2 os de Cenlle, Baños de Molgas, Ribadavia, Riós e San Cibrao; o día 3 os de Beade, Boborás, Piñor, Celanova, Castrelo de Miño, e o día 4 os de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button