OurenseÚltima hora

Os norteamericanos Moreland & Arbuckle en Ourense

A banda dará un concerto o 3 de decembro ás 21:30h. no Teatro Principal
Moreland & Arbuckle.
Moreland & Arbuckle.

Dende Wichita, Kansas, chega a Ourense o grupo norteamericano Moreland & Arbuckle, que actuará no Teatro Principal de Ourense o vindeiro mércoes 3 de decembro dentro da xira española de presentación do seu último álbume “7 Cities”.

Na acutación que comezará ás 21:30h. a banda contará a ritmo de boggie, blues e soul “as desventuras do conquistador español Francisco Vázquez Coronado na procura das míticas “7 ciudades do oro” polas pradeiras de Kansas a mediados do século XV” explican dende a produtora.

Moreland & Arbuckle son: Aaron Moreland, guitarra e cigar box guitar; Dustin Arbuckle, voz principal e harmónica; e Kendal Newby, batería e voz.

A venda anticipada de entradas para o concerto está dispoñible a través de www.entradas.abanca.com e do teléfono 902 43 44 43. Na taquilla do teatro os días 2 e 3 de decembro de 12h. a 14h. e dúas horas antes do inicio do concerto. O prezo das localidades é de 12 euros entrada anticipada e 15 euroes en taquilla.

Artigos relacionados

Back to top button