ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

Os paraugas morados volven saír á rúa no 8M, en Vilamartín de Valdeorras

 

Na mañá deste mércores 8 de marzo e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Vilamartín de Valdeorras celebraba cunha concentración diante da Casa Consistorial. Ás portas do Concello e novamente baixo paraugas morados, tiña tamén lugar a lectura do manifesto.

 

 

A celebración deste día complétase co taller “Quen é quen; as mulleres que fixeron historia en Galicia” que se desenvolvía no CEIP Xosé Manuel Folla Respino; e outro taller, desta volta artístico, impartido por Cristina Teixeira ás 17 horas.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button