A música é sempre parte importante da Festa do Botelo, e para esta XXI edición que se celebrará o sábado 21 de xaneiro tampouco faltarán os cantos de taberna.
Os Parrandas (Vilamartín), Foliada de Bosende (Lugo), Os Corenta e Chinco Boys (A Pobra do Brollón), Macizas Centrais (Trives), Os Somontanos (A Pobra do Brollón), Os do Venres e Abertal (A Rúa), son as agrupacións que amanizarán este ano a Foliada e Cantos de Taberna. Serán os encargados do pasarrúas dende o Teatro Lauro Olmo despois do pregón (13:30h.) ata o pavillón de Calabagueiros onde terá lugar o xantar e tamén da foliada a partir das 19 horas nos bares entre o Casco Vello e o Malecón.