CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os Parrandas de Córgomo, entre os grupos dos X Cantos de Taberna da Pobra do Brollón

Celebraranse o 10 de decembro nos locais de hostalaría da localidade con 16 agrupacións

Integrantes da agrupación Os Parrandas de Córgomo (Vilamartín)./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras dous anos de pausa a causa da pandemia, volven os Cantos de Taberna da Pobra do Brollón. A décima edición celébrase este sábado 10 de decembro coa participación de 16 agrupacións. “É unha gran alegría por fin volver recuperar esta festa, unha das máis importantes e agardados do calendario guímaro,” comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

A partir das 5 da tarde, os grupos, entre os que estarán Os Parrandas de Córgomo (Vilamartín) empezarán a circular de dous en dous polos oito bares do municipio, repartidos entre A Pobra do Brollón, Salcedo, Cereixa e A Estación. Á noite, ás 22:30, grupos e público xúntanse na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ para a clausura. Entregaranse os agasallos aos grupos participantes, que farán unha pequena actuación.

As agrupacións desta décima edición son Foliada de Bosende, Os Galochas, A Desfeita,  Fillos da Cantaruxa, Corenta e Chinco, Dakidoasma, Son do Mao, Os Bochetas, Skachakunchas, Airiños de Petimor, Os Parrandas, O Recanto, Marcón pra Arriba, Searas, Os Tabernos e Estoupafoles.

 

Artigos relacionados

Back to top button