O proxecto benéfico “A Pulmón” chegaba ás montañas valdeorresas na pasada fin de semana. Así, entre os días 9 e 11 de xuño, un grupo de pacientes e especialistas médicos en oncoloxía visitaban o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) e ademais subían ata o cume galego, Pena Trevinca e, finalmente, o terceiro día ascenderase ao Lago de Baña.
“A Pulmón”, unha iniciativa na que participan a Asociación Española de Afectados de Cancro de Pulmón (AEACaP) e The Ricky Rubio Foundation. Pretende fomentar o deporte de montaña entre as persoas afectadas de cancro de pulmón co fin de dar visibilidade á enfermidade e aumentar a concienciación social sobre esta patoloxía.
Alberto Urtasun, coordinador do proxecto A Pulmón, anuncia que, tras “a gran acollida e o éxito da primeira concentración” na Comunitat Valenciana, chegan “a Galicia coa ilusión de proseguir a liña de traballo marcada que nos vai a levar os próximos dous anos por toda a península”.
Fotos cedidas.