Galerías de fotosÚltima hora

Os peregrinos do Bierzo e Valdeorras chegan a Monforte

A VI etapa da ruta xacobea polo Camiño de Inverno tiña lugar 0 17 de decembro

Pasiño a pasiño, etapa a etapa, sábado a sábado, o grupo de peregrinos do Bierzo e Valdeorras que están facendo o Camiño de Inverno chegaron á metade do percorrido.

No mediodía do sábado 17 de decembro, uns 110 camiñantes chegaban a Monforte de Lemos despois de percorrer os uns quilómetros dende Barxa de Lor (punto de partida da VI etapa). Ataviados con gorros de Papá Noel polas datas de Nadal próximas, os peregrinos facían quilómetros disfrutando das paisaxes (malia a néboa nalgúns puntos) e do bo ambiente.

Unha vez na cidade lucense, a comitiva co presidente da  Asociación do Camiño de Santiago de Inverno polo Bierzo, Saturno Astandoa, á cabeza, era recibida polo alcalde, José Tomé Roca, no Salón de Plenos do Concello. O xantar, elaborado por membros da asociación, tiña lugar no restaurante Grupo Don Manuel.

Despois desta, aos peregrinos quédanlle outras seis etapas para chegar a Compostela. A seguinte, con saída en Monforte será a mediados de xaneiro.

Fotos: Miguel.

Artigos relacionados

Back to top button