CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os poetas danse cita na Adega A Coroa

Voces poéticas chegadas dende Ferrol, Vigo, A Ribeira Sacra, Ourense, Madrid e Valdeorras xuntáronse na Rúa

Un ano máis, e xa van sete, a Adega A Coroa da Rúa, acollía na tarde do 7 de marzo, o encontro de poetas organizado por Rosa García Machado.

Co erotismo e a relixión como eixe central, este ano o encontro sumiuse no universo da mística e do erotismo, contando coma sempre coas voces poéticas de xente chegada dende Ferrol, Vigo, Ribeira Sacra, Ourense ou Madrid, ademais de Valdeorras: Rosa Dios, Jesús, Emma, Juan, Rochi, Nolím, Loli, Alfonso, María José, Carlos Rafael, Rosa García, Euloxio e Ramón.

A velada estivo animada musicalmente polo grupo O Trícole contado asemade coa colaboración dos escultores Torino e Conde, de Nathalie, da Coroa e do Concello da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button