A cifra de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.598, segundo a última actualización que vén de facer púbilca a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na mañá deste 25 de marzo. Deles 389 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 186 da de Ourense, 202 da de Pontevedra, 396 da área de Vigo, 288 da de Santiago, e 38 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 69 permanecen en UCI, 409 están en unidades de hospitalización e 1.120 no domicilio.
Polo de agora, en Galicia rexistráronse 25 altas de pacientes e 30 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns de 82 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que tiñan patoloxías previas; e a outro varón de 74 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tamén tiña patoloxías previas, segundo Sanidade.
O número de PCR realizadas é de 7.936.