A RúaCarballedaConcellosO BarcoÚltima hora

Os positivos por Covid en centros educativos valdeorreses pasan de 12 a 6

 

Redúcense á metade nun día os casos activos de coronavirus nos centros educativos de Valdeorras. Así, segundo os datos do listado da Xunta de Galicia emitido neste sábado 24 de abril, son 6 os positivos que existen nos centros da comarca fronte aos 12 que aparecían onte.

A baixada é notable no Barco, onde o CEIP Condesa de Fenosa rexistra 1 positivo, fronte aos 5 de onte; o IES Lauro Olmo ten tamén 1 positivo, fronte aos 2 de onte; e o Colexio Divina Pastora continúa con 1 positivo. Tamén baixa o CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, que onte tiña 2 positivos e hoxe presenta 1.

Onde non hai modificacións é no CEIP Manuel Respino da Rúa, que continúa con 2 positivos e 1 aula pechada.

No total da provincia de Ourense son 31 os positivos en centros educativos e 2 as aulas pechadas, segundo os datos da Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button