No seu primeiro ano en competición o Club Inter Ribeira Sacra de fútbol sala conta xa con tres equipos en competición: un prebenxamín mixto, un alevín mixto e un xuvenil masculino, tendo como obxectivo de cara á vindeira tempada formar dous equipos alevíns, un masculino e outro feminino. “Creo que seriamos o único equipo feminino da Ribeira Sacra e queremos competir en autonómica coas nenas”, aseguran dende o club, destacando o papel que están desenvolvendo xa este ano.


De feito, na mañá deste sábado 9 de novembro os alevíns, equipo en formación con tres benxamíns e tres nenas, gañaban o seu primero partido da tempada. Era contra o Secundino Basalo B, en casa, no pavillón municipal de Manzaneda, “tras remontar un 0-2 co que acabou a primeira parte para acabar vencendo 3-2, con goles de Ivi e Eric, pasando así á sétima posición do grupo”, explican dende o Inter.

Esta mañá tamén xogaban en casa os prebenxamíns, gañando 3-0 o seu partido fronte a EDO Blanco Amor. Con este resultado “empatamos a puntos co líder do grupo, aínda que nós levamos un partido menos”, explican dende o club, destacando que “hai cuádruple empate a 9 puntos e xogan polo título os dos primeiros de cada grupo e os dous mellores terceiros”.
O equipo xuvenil xogará mañá no pavillón municipal de Viana do Bolo contra o Vianariño FS. Un partido que se presenta “complicado, porque é o primeiro ano que compiten e farano contra equipos que levan 7-8 anos xogando xuntos e competindo”.
Fotos e vídeos cedidos.



