O Parador Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela vén de acoller nesta mañá de 6 de xuño a presentación dos VIII Premios D.O. Ribeiro, nun acto que contaba coa presenza de Juan Manuel Casares (presidente do Consello Regulador), Julio Castro (director do Hostal) e Rosa Vilas (adxunta á dirección da CRTVG).
Durante a gala entregarase o “Premio de Honra” da denominación a Paradores; e o “Premio á Mellor Tarefa de Comunicación” aos programas da Televisión de Galicia “Labranza” e “O Agro”, que dirixe o xornalista barquense Manuel Cruz.
Sobre Labranza e O Agro, o Consello Regulador quere destacar “o esforzo do equipo que dirixe Manuel Cruz por informar tanto as novidades como da situación global do mundo agro alimentario e fai extensible o premio ao conxunto da CRTVG, polo seu servizo”. Deste xeito, Labranza e O Agro seguen ao xornalista Víctor de la Serna, premiado como Mellor Tarefa de Comunicación no 2018.
Na gala tamén se recoñecerán os mellores viños brancos e tintos, de adega e de colleiteiro, da Denominación de Orixe Ribeiro. Ademais, tamén vanse entregar os galardóns “Muller e Viño” e “Vida entre Vides”.
No histórico Mosteiro de San Clodio, berce da viticultura galega e das súas castes autóctonas, reuniranse adegas, colleiteiros, distribuidores, maioristas, medios de comunicación, divulgadores… Estes galardóns están organizzados pola D.O. Ribeiro e neles cóntase coa colaboración de Abanca.