Os protagonistas da Gala do Deporte do Barco, nun monográfico de O Sil
16 de Maio de 2016
Páxinas especiais con información e imaxes dos deportistas galardoados polo ConcelloOs galardóns entregados aos homenaxeados.
Este ano o Concello do Barco de Valdeorras decidía homenaxear a máis de 50 deportistas locais en recoñecemento aos méritos, resultados e labor deportiva na tempada 2015. Así nacía a Gala do Deporte que se celebraba por todo o alto no Teatro Lauro Olmo do Barco.
Atletas, futbolistas, nadadores, arqueiros, katatekas, piragüistas, técnicos e ata psicólogos deportivos. Dende a Concellería de Deportes, organizadora do evento, non esqueceron a ninguén e no Periódico O Sil tampoco. Por iso vén de sacar un monográfico, incluído nas páxinas do Especial Santa Rita, no que se fai un repaso por todos os homenaxeados, incluíndo asemade unha entrevista co concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso.
O concelleiro de Deportes Aurentino Alonso entregando un dos premios.Público asistente á Gala do Deporte do Barco.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.