Do 14 ao 15 de setembro unha vintena de membros de Radio Club Fene EA1RKF e Radioaficionados RCP A Proba de Trives desprazábanse ata Ávila para participar en Iberradio 2019, considerada a feira máis importante da radioafección española.
Durante dous días coñecían as principais novidades deste ámbito e os novos equipos que están saíndo ao mercado, ademais de poder relacionarse e reunirse con radioafeccionados de diferente puntos de España. Paralelamente á exposición, tamén se daban charlas informativas sobre diversos temas.
Fotos cedidas por Radio Club Fene EA1RKF e Radioaficionados RCP A Proba de Trives.