ConcellosÚltima hora

Os Radioafeccionados de Trives poñen a disposición dos veciños unha máquina de ozono para desinfectar vehículos e espazos

Destinaron os seus ingresos deste ano a mercar este dispositivo co fin de "botar unha man" nesta emerxencia sanitaria

 

No marco desta emerxencia sanitaria o grupo de Radioafeccionados de Trives decidía destinar os seus ingresos deste ano a mercar unha máquina de ozono para axudar na desinfección de vehículos e de espazos, porana a disposición de quen a necesite. Espérase que a máquina chegue a partires do luns 20 de abril.

“Porase a disposición dos socios do radioclub, de taxis, furgonetas de reparto, etc, así como para a desinfección de calquera espazo que requira de dito tratamento. Queremos botar unha man. Este pretende ser un pequeno xesto que dende este equipo de amigos queremos ofrecer para estar, dentro do posible, algo máis tranquilos. Todo o que a necesite, que se poña en contacto con nós”, din dende este grupo de radioafeccionados.

 

Artigos relacionados

Back to top button