Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Os Reis chegan a Chandrexa de Queixa en medio dunha nevada

 

Un manto branco moi especial acompañaba esta tarde aos Reis Magos á súa chegada ao municipio de Chandrexa de Queixa. Eran recibidos en medio dunha nevada e, tras facer un percorrido pola zona, reuníanse cos máis pequenos, que, mentres os agardaban participan nun obradoiro de elaboración de cartas e inchables. Despois, servíase unha chocolatada para toda a veciñanza.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button