ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

Os Reis Magos asisten á misa deste 6 de xaneiro no Barco antes de voltar a Oriente

 

Xusto despois da lectura do Evanxelio na misa deste día de Reis, 6 de xaneiro, a igrexa de Santa Rita do Barco recibía unha visita moi especial. Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dos seus paxes, e portando os seus cofres, achegábanse ao altar do templo para ofrecerlle ao neno Xesús, ante a mirada atenta e en moitos casos sorprendida dos máis pequenos.

 

 

Despois sentábase no altar, mentres o párroco do Barco, Jesús Álvarez, lles daba a benvida e explicaba que antes do seu regreso a Oriente, os Reis Magos decidían achegarse ata esta igrexa. “Voltarán por un camiño diferente, para despistar a Herodes”, comentaba.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button