ConcellosO BoloÚltima hora

Os Reis Magos en Buxán, un dos 28 pobos co concello do Bolo que visitarán hoxe e mañá

 

Entre hoxe e mañá, os Reis Magos percorrerán por primeira vez os 28 núcleos de poboación do concello do Bolo.

Na mañá deste venres 5 de xaneiro Melchor, Gaspar e Baltasar visitaban os concellos de O Seixo, Chandoiro, Outardepregos, Lentellais, Santa Cruz, As Ermitas, Cambela, O Bao, Tuxe, Buxán, Outeiro, A Regueira, Celeirós, Chao do Castro, Valbuxán, Vilaseco e O Bolo.

 

Os Reis en Buxán.

 

As imaxes desta galería corresponden á visita real a Buxán, onde Cristina recoñece que  fará 33 anos en marzo e “é a primeira vez que veñen os Reis a Buxán, sempre tiñamos que ir ao concello de Viana do Bolo para velos”.

Mañá, tocaralle o turno ao resto de aldeas: Chao das Donas, Valdanta, Xava, Xorxais, Paradela, Teixido, San Pedro, Celavente, San Martiño, Barxa, Aceveda e Fornelos, rematando de novo no Bolo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button