ConcellosParada de SilÚltima hora

Os Reis Magos entregan agasallos aos nenos de Parada de Sil

Antes visitaban o Xeriátrico Luces do Sil para saudar aos maiores

 

Os Reis Magos visitaban esta tarde Parada de Sil, onde, en primeiro lugar se achegaban a saudar ás persoas maiores no Xeriátrico Luces do Sil e, a continuación, desprazábanse á Casa do Concello para facer entrega dos regalos a nenos e nenas que, pola cantidade de regalos, semellaba que os cativos se portaron moi ben.

A ANPA Os Noviños de Parada de Sil e a Asociación Cultural Ouro do Sil preparaban o necesario para que os Magos puidesen facer o seu traballo da maneira máis eficaz posible.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, destaca que “segue a medrar a participación de cativos e maiores nesta festa, así que estamos contentos e agradecidos”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button