En portadaÚltima hora

Os Reis Magos xa percorren O Barco

 

Arredor das cinco desta tarde os Reis Magos, acompañados dos paxes, chegaban ao Barco. Saían dende o Teatro Lauro Olmo, xunto a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, e collían un autobús co que percorrerán diferentes núcleos de poboación do municipio.

Despois, sobre as seis da tarde, teñen prevista a súa chegada á Estación de autobuses, onde collerán as súas carrozas e iniciarán a cabalgata pola estrada xeral ata a praza do Concello.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button