ConcellosÚltima hora

Laza e Vilar de Santos trazan estratexias coa Consellería de Política Social

Os alcaldes valoran co titular do departamento autonómico a atención acadada no Servizo de Axuda no Fogar nos seus municipios
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón. foto xoán crespo 13/06/16
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, co alcalde de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón.

Os alcaldes de Laza e Vilar de Santos, José Ramón Barreal e Xoán Xosé Jardón, respectivamente, reuníronse na mañá de hoxe, luns día 13, co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. O obxectivo destas reunións é establecer as estratexias en materia social a seguir nos vindeiros anos. Entre outras cousas, valoraron a atención acadada no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nos seus respectivos concellos e estudaron a situación en previsión de futuro.

O alcalde de Laza tamén se reuniu hoxe co conselleiro de Política Social.
O alcalde de Laza tamén se reuniu hoxe co conselleiro de Política Social.

No caso da reunión co rexedor de Laza, valorouse a elevada ratio de atención coa que conta o concello no que atinxe ao SAF. No presente ano, segundo datos do goberno autonómico, incrementáronse 840 horas anuais (15.600 horas anuais en total) que fan que a ratio de atención deste servizo aumente até o 99,35%.

Pola banda da reunión co primeiro edil de Vilar de Santos, conselleiro e alcalde valoraron a atención do 86,19% acadada no SAF e do 142,86% nas prazas públicas en escolas infantís. Actualmente, na vila préstase un total de 6.900 horas anuais en total, tras o incremento de 840 horas anuais no presente exercicio. Neste caso, Jardón tamén aproveitou a entrevista para presentar un proxecto de ampliación dos recursos residenciais do concello.

Artigos relacionados

Back to top button