As XXXIV Xornadas de Folclore celebrábanse na noite do 9 de agosto no pavillón polideportivo
O tempo, inusualmente cambiante e revolto para o mes de agosto, tamén obrigaba a cambiar a ubicación do escenario sobre o que, na noite do 9 de agosto (no marco da Baco Festa), se desenvolverían as Xornadas de Folclore na Rúa.
Así, en lugar de ser ao aire libre, no antigo campo de fútbol, os coloristas e rítmicos grupos folclóricos de Chile, Taiwan e Rusia envolvían ao público rues no pavillón polideportivo.
Con brincos e son que aumentaban en intensidade conforme avanzada a actuación, os grupos de Bafopal, Taiwan Flok Music Ensemble e Fantasy actuaron ao longo de case dúas horas para deleite do público que enchía as bancadas.
Fotos: Mónica G. Bellver.