Os servizos de emerxencia están a buscar a un home en paradoiro descoñecido desde a noite do xoves, día 7, a quen se lle viu por última vez nas proximidades da OU-533, á altura do punto quilométrico 19, preto do encoro de Viana do Bolo.
“Foron os axentes da Garda Civil os que contactaron co 112 Galicia ás 12:30 horas de hoxe para solicitar a colaboración doutros efectivos de emerxencia que puidesen auxiliar no operativo de busca”, segundo informa o 112 Galicia.
A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos membros do GES da Veiga, dos efectivos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Viana do Bolo e Vilariño de Conso e tamén da Policía Local.