Arredor das 15:15h. da tarde deste 16 de xaneiro o 112 Galicia recibía unha chamada dun sendeirista para informar de que dúas persoas do seu grupo “tiñan dificultades para continuar, a causa da neve, cando percorrían unha ruta no pico de Penaboa, na serra do Courel”, cintado ao 112 Galicia.
De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a esa persoa o envío das súas coordenadas a través da aplicación móbil WhatsApp. Nada máis ter constancia da localización, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de Quiroga e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, tal e como sinala o 112 Galicia.
Deste modo, poucos minutos despois das seis da tarde, a Garda Civil confirmou ao 112 Galicia a localización dos sendeiristas.