
O Castelo do Castro Caldelas acollía neste 18 de abril a xornada central do Foro Rural Sustentable 2026, con máis de 100 entidades, empresas e profesionais cun obxectivo común: “converter a reflexión sobre o medio rural en prioridades concretas e propostas accionables, con axentes responsables identificados e vocación de implementación”.
A cuarta edición deste foro, organizada pola Fundación Galicia Sustentable e co impulso de Corporación Hijos de Rivera, Abanca e Gadis, “consolida un modelo de traballo orientado á acción, no que a análise tradúcese en decisións con impacto real. A implicación destas compañías, con capacidade tractora ao longo da cadea de valor —desde a financiación ata a producción, transformación e distribución— reforza o carácter sistémico do encontro”, explican dende a organización.
Durante a xornada, Marcos Pérez, director da Fundación Galicia Sustentable agradecía que “empresas como Corporación Hijos de Rivera, Abanca e Gadis aposten por espazos como este e sigan mantendo viva a actividade económica do rural”.
A xornada central do Foro desenvolveuse sobre o traballo previo realizado na sesión técnica interna do venres, na que se elaborou un documento base de propostas estruturadas. Dende ese punto de partida, os participantes traballaron hoxe no seu contraste, enriquecemento e priorización, avanzando cara a un resultado concreto: identificar que medidas deben activarse, como facelas viables e que alianzas son necesarias para o seu desenvolvemento.
Este enfoque recolle o reto formulado na pasada edición por José Juan Ruiz, presidente do Real Instituto Elcano: construír un relato sólido e positivo do rural apoiado en datos, evidencias e experiencias concretas, e non só en percepcións ou enfoques problematizadores.
O programa abordou cuestións estruturais para o futuro do rural desde unha perspectiva práctica: a adaptación dos servizos públicos a territorios de baixa densidade, o acceso a vivenda e terra, o papel da tecnoloxía na competitividade, a remuda xeracional e a consolidación de empresas con capacidade de soster emprego e comunidade.
A xornada se abríase coa intervención de Marcos Pérez e co relatorio de Manuel Campo Vidal, que apuntó que “debemos ser positivos e abandonar términos como ‘a España vacía’ ou ‘a España baleirada’. Temos que falar da España rural viva e elaborar solucións intelixentes, como o apoio a emprendedores, xerar solucións para a vivenda e reducir drásticamente a burocracia. O obxectivo é acabar co perigoso desequilibrio territorial que temos: o 85% da población vive no 16% do territorio”.
Ao longo do día, as mesas coincidiron na necesidade de adaptar políticas e modelos ao contexto específico do rural. No ámbito dos servizos públicos, defendeuse que garantir dereitos efectivos non pasa por replicar o modelo urbano, senón por deseñar solucións axustadas á dispersión e á baixa densidade.
En vivenda e ordenación do territorio, mencionábase o acceso á vivenda e á terra como un dos principais colos de botella para a fixación de poboación e o desenvolvemento de actividade. Neste sentido, Eva González, xerenta de GDR; Carmen Mota, arquitecta; e Esteban Caja, Managing Director en H.I.G. Capital, coincidiron na necesidade de que as medidas que se tomen desde as institucións teñan en conta aos habitantes do rural. “Puxéronse en marcha axudas europeas ás que as localidades que realmente as necesitan non poden acceder por falta de infraestrutura para cumprimentar as solicitudes”, dicía Carmen Mota. Pola súa banda, Esteban Caja puxo de manifesto “a necesidade de que empresas privadas, institucións públicas e entidades rurais senten para poñer en común unha visión real do rural e das súas necesidades no ámbito da vivenda”.
En tecnoloxía, o debate puxo o foco en priorizar solucións útiles fronte á incorporación indiscriminada de ferramentas. En remuda xeracional, insistiuse en abordalo desde unha perspectiva estrutural vinculada á viabilidade económica e vital dos proxectos. E no bloque de empresa, sublíñosé a necesidade de consolidar iniciativas capaces de soster emprego, xerar valor añadido e garantir estabilidade territorial.
O Foro contou tamén coa participación de perfís como o politólogo Manuel Mostaza, que achegou unha lectura estratéxica do contexto, e do escritor e comunicador Emilio del Río, que ofreceu unha reflexión sobre o papel histórico e actual do rural na configuración do territorio.
Continuidade, comunidade e compromiso co rural
O Foro Rural Sustentable proseguirá mañá, domingo 19 de abril, cunha sesión de séntesis concibida para recoller, ordenar e activar as principais conclusións do traballo destes días. Estas integraranse nun Documento de Conclusións que marcará as líneas de actuación da Fundación Galicia Sustentable nos próximos meses, cun compromiso explícito de seguimento e activación.