DeportesÚltima hora

Os siareiros do C.D. Barco preparan a cea de Nadal

A III xuntanza navideña da peña Ultrasil será o 23 de decembro no Restaurante Paladium
Cartel da cea de Nadal Ultrasil.

Por terceiro ano consecutivo a peña Ultrasil Valdeorras, siareiros do equipo sénior do C.D. Barco, ten xa preparada a cea de Nadal que se celebrará o 23 de decembro no Restaurante Paladium (Vilamartín).

Na primeira cea asistiron 85 afeccionados, o ano pasado 108 e queren seguir sumando, por iso nesta ocasión convidaron a participar na festa aos xogadores dos equipos base a ás súas familias. Durante o acto, sempre hai sorteos, agasallos e sorpresas e este ano ademais “farémoslle un recoñecemento ao equipo xuvenil que ascendeu á liga galega e gañou a copa e ao equipo cadete que quedou campión de liga”, explican dende a peña.

Con respecto á cea hai dous menús: un infantil de 18 euros (tostas de xamón e queixo, milanesa de polo e postres) e outro para adultos de 35 euros (totas de xamón e queixo, pementos de piquillo recheos de marisco, solombo de Porco Ibérico, postres, bebida e barra libre). Ambos inclúen o desprazamento en autobús e no caso dos adultos, tamén se oferta o menú a 25 euros sen barra libre.

As entradas, xa están á venda no bar Makoki do Barco, a través do Facebook da peña Ultrasil e no campo de fútbol Calabagueiros en domingo de partido.

 

Artigos relacionados

Back to top button