CulturaCulturaÚltima hora

Os toques dos folións non soarán este verán en Trives

A A.C. A Caniceira vén de anunciar nas redes sociais a cancelación do seu Entroido de Verán

Imaxe da pasada edición do Entroido de Verán en Trives./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Despois de máis dunha década amosando en Trives a tradición propia do Entroido do oriente ourensán en agosto, neste verán a Asociación Cultural A Caniceira non organizará o seu Entroido de Verán. A entidade vén de dar a coñecer a súa decisión a través das redes sociais cun comunicado no que expresa a súa tristeza por este anuncio e explica as razóns polas que suspende o seu encontro de folións.

“Non podemos garantir a celebración de tal evento por varios motivos. Descoñecemos cal vai ser a situación da pandemia do COVID 19, e se haberá rebrotes. Non sabemos cales van ser as condicións que se impoñan para celebrar actividades o aire libre, e non temos medios para evitar aglomeracións”, asegura a A.C. A Caniceira, que tamén matiza que non quere “organizar unhas actividades que non vaia poder gozar todo o mundo por mor de límites de aforo”.

Ademais esta entidade cultura trivesa apunta que “a situación económica dos comercios e da hostelería non é a mellor como para pedir a sua colaboración económica”.

E ante esta situación de incerteza, a asociación asegura que se viron “obrigados a suspender este ano o Entroido de verán”. E lanzan ademais unha mensaxe de apoio ao comercio proximidade e á hostalaría. “Pedímosvos que fagades un esforzo por paliar esta situación mercando no comecio local, e consumindo na hostalaría local”. A

Caniceira conclúe o comunicado amosando a súa esperanza de poder continuar en veráns vindeiros coa organización de este evento.

Artigos relacionados

Back to top button