DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os tres puntos do Barbadás-Cerceda quedan nos Carrís

3-2 vencían os ourensáns na novena xornada de liga en terceira división

Tres penaltis, varios lesionados e emoción ata o final, marcaron a novena xornada de liga de terceira división no campo ourensán dos Carrís. Alí, na tarde do 16 de outubro, o equipo sénior da U.D. Barbadás lograba dobregar ao C.C.D. Cerceda. Os de Miki vencían, non sen dificultades, aos coruñeses por 3 goles a 2, sumando tres puntos máis na súa particular carreira cara o alto da clasificación.

Aos 18 minutos de xogo o colexiado pitaba penalti sobre Luis González, que o propio xogador ourensán materializaba, empatando os visitantes xa na seguinte xogada. No minuto 25 repetíase a situación do primeiro gol, cun novo penalti sobre Luis, que el mesmo transformaba no 2-1. Xa na segunda metade do encontro chegaba o terceiro penalti da tarde, desta volta sobre un xogador coruñés que marcaba o empate a 2, chegando o final de infarto no minuto 83 co terceiro tanto local da man de Marcelo.

Un complicado partido con bo resultado para o Barbadás que regresa ao quinto posto da táboa.

E tralo partido dos séniors, tomaban o campo de fútbol os máis pequenos da vila que tamén xogaron o seu encontro para ledicia do público nas bancadas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button