DeportesHoqueiÚltima hora

Os valdeorreses Pablo Vicente e Lucas Vecino clasifícanse co seu equipo de hóckey patíns para o nacional infantil en Mieres

A SD Ponferradina Hockey xogará o Campionato de España Infantil os días 26, 27 e 28 de maio

 

 

Lucas Veciño Yáñez e Pablo Vicente Polo, xogadores naturais do Barco de Valdeorras veñen de clasificarse co seu equipo de hóckey patíns para o Campionato de España da súa categoría que terá lugar en Mieres os días 26, 27 e 28 de maio.

O equipo, o CD Toni Sariol, demostrou a súa valía durante a fase de sector celebrada na fin de semana do 6 ao 8 de maio en Bilbao, obtendo así o seu pase para o campionato nacional. Ademais, “o equipo tivo a honra de xogar baixo o nome de SD Ponferradina Hóckey grazas ao permiso outorgado polo club”, puntualizan dende o equipo que leva anos traballando o hóckey patíns na comarca de Valdeorras así como no Bierzo.

Tal como explican dende APG (Asociación Patinaje Global) Pablo e Lucas levan xogando a hóckey patíns desde que se introduciu este deporte na comarca da man do seu equipo, o CD Toni Sariol, e desde entón estiveron adestrando nas instalacións do Barco, no CEIP Condesa Fenosa, e na Rúa no pavillón municipal do Aguillón. “Ambos os xogadores, que son peza crave no seu equipo, terán a oportunidade de disputar o seu primeiro Campionato de España por primeira vez, sendo os primeiros en representar á comarca neste deporte a nivel nacional”, din, explicando que o seu equipo está formado por xogadores de Valdeorras e Ponferrada, xa que o club promove o deporte en ambas as comarcas. Por iso o club, que normalmente compite co nome de CD Toni Sariol (en honra ao seu fundador e quen trouxo o deporte á zona), esta vez competiu co nome de SD Ponferradina Hóckey, xa que levan o seu equipamento e o club accedeu a deixarlles usar o nome para a fase de sector e o Campionato de España.

 

 

“Grazas a iso antes de partir cara a Bilbao, os xogadores tiveron o privilexio de ser recibidos polos xogadores do primeiro equipo da Ponferradina, con quen tivo a oportunidade de tomar fotografías. Este encontro fortuíto deulles sorte para a fase de sector. Así mesmo, visitaron a igrexa de San Francisco en Bilbao, onde pediron boa fortuna para o torneo”.

No seu primeiro partido, enfrontáronse ao equipo de Mundaiz, ao que venceron comodamente por 6-2, “aínda que se notaba certa tensión nos xogadores”, puntualizan. Pola tarde, medíronse a Oberena e, malia comezar o partido “de maneira excepcional, tomando unha vantaxe de 2-0 nos primeiros minutos, relaxáronse en exceso e sufriron para asegurar a vitoria cun marcador final de 4-2”. Esta vitoria colocounos a un paso de clasificarse para o Campionato de España, pero aínda dependían do resultado do partido entre Santutxu e Mundaiz. Para a súa alegría, Santutxu logrou remontar un marcador adverso de 3-1 e gañou 4-3 no último minuto.

 

 

O domingo, no partido polo primeiro o segundo posto contra Santutxu, o equipo xa tiña asegurada a súa clasificación. Con todo, “comezaron o partido con demasiada relaxación e froito diso recibiron dous goles nos primeiros minutos. A pesar de tentar reaccionar, ao longo da segunda metade xogaron de maneira sobresaliente pero non lograron remontar, claudicando finalmente cun marcador de 4-1”. A pesar da derrota, o equipo alcanzou o obxectivo da tempada ao clasificarse para o Campionato de España, “un logro histórico para o club e a comarca”, din dende a SD Ponferradina Hóckey se “enorgullece do seu desempeño e agradece o apoio incondicional dos seus seguidores e patrocinadores”.

O equipo xa se está preparando con entusiasmo e determinación para representar a Ponferrada e loitar pola gloria no Campionato de España Infantil en Mieres.

Fotos: @lapolaquina.

Artigos relacionados

Back to top button