A Federación Galega de Atletismo vén de facer pública a listaxe de atletas que formarán parte da selección galega no Campionato de España de seleccións autonómicas Sub 16 en idade escolar, que se celebrará en Pamplonao do 8 ao 9 de outubro. Nesa listaxe figuran dous atletas valdeorreses, que compiten coa camiseta do Adas Cupa.
Así Simón Novoa García do Club Adas do Barco competirá en lonxitude e en 400×100 e Sergio Fernández Pérez en disco.
