ConcellosÚltima horaVídeos

Os veciños da Pobra de Trives mantéñense na casa o Venres Santo

Esta noite tería lugar a Procesión da Soidade, un dos cultos máis concorridos da Semana Santa trivesa

Saída da Procesión da Soidade en Trives/ Foto: Carlos G. Hervella.

 

En plena Semana Santa, son moitos os cultos que cada ano se celebran na Pobra de Trives en torno á paixón, morte e resurrección de Cristo. Esta noite de Venres Santo tería lugar unha das máis concorridas, a Procesión da Soidade, pero o estado de alarma e o conseguinte confinamento para intentar frear os contaxios por Covid-19, impiden a súa celebración.

Por iso, dende o Concello queren, a través deste vídeo, dar as grazas aos veciños polo seu comportamento responsable. “As rúas baleiras son a mellor forma de loitar nesta guerra que o noso pobo ten que ganar”, aseguran.

 

Artigos relacionados

Back to top button