DeportesÚltima hora

Os veciños da Rúa estrean o campo de petanca, no campo de San Roque

 

Na tarde deste sábado 4 de marzo, apenas un mes despois de comezar as obras, os veciños da Rúa Vella estreaban o campo de petanca creado no campo de San Roque.

A petición veciñal, a obra foi acometida polo Concello da Rúa a través dos alumnos do obradoiro Laboru II e consta dun espazo rectangular de 12X3 metros con base de area prensada.

Entre os veciños que hoxe practicaban xa o seu xogo favorito, estaba Jonhatan Macías Calvo quen amosa orgulloso as súas bolas recén compradas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button